O Concello da Coruña disporá dun local para uso municipal no Papagaio
O Goberno local desbloqueou un convenio asinado en 2005 ao facer efectiva unha permuta de terreo que quedaba pendente no Papagaio. Deste xeito, o Concello adquire, en virtude do acordo alcanzado coa juntade compensación deste polígono, un local de 2.109 metros cadrados, que pasa a ser de titularidade municipal e para uso e desfrute dos cidadáns.
O Concello aprobou en decembro de 2005 a permuta duns espazos no polígono do Papagaio a cambio do cal a xunta de compensación dese ao Concello un local na planta baixa da nova praza creada no centro desta urbanización. Na Xunta de Goberno celebradaesta semana, o Concello desbloqueou este expediente e, tras alcanzar un acordo coa xunta de compensación, logrou a titularidade deste local, que se utilizará para usos municipais.
O local alcanza os 2.109,54 metros cadrados e ten dous accesos peonís directos: dende a praza do Papagaio (é dicir, dende a planta baixa) e dende o baixo da casa número 1 da rúa Pagagayo.
O acordo aprobado en Xunta de Goberno queda agora pendente de que a xunta de compensación remate o acondicionamento da instalación, tal e como se estipula no convenio de 2005, e da inscrición do local no Rexistro da Propiedade a nome do Concello da Coruña.











