O Concello da Coruña conclúe a mellora dos accesos á zona do Portiño
O Concello da Coruña finalizou as obras de pavimentación e mellora dos accesos na estrada do Portiño, un proxecto no que a Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado investiu 30.000 euros e que permitiu atender unha solicitude dos veciños da zona.
A concelleira de Barrio, Mariel Padín, visitou esta mañá a zona, onde puido comprobar que o proxecto garante unha mellora da accesibilidade en O Portiño, tanto para condutores coma para peóns. As obras executadas pola área de Infraestructuras consistiron na ampliación da plataforma, que pasa de 5 a 7 metros de ancho, con carrís de 2,75 metros e unha beiravía de 1,5 metros. Así, ademais da reposición do pavimento, os traballos incluíron a creación dunha beiravía para que os peóns poidan transitar con seguridade e a limpeza e drenaxe da cuneta.











