O Concello conclúe as obras de reparación de viais en catro parroquias da zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira anunciou esta mañá a conclusión das obras de reparación de cinco viais municipais situados en catro parroquias do municipio por importe de 38.115 euros e dentro do prazo de execución establecido. O paquete de actuacións se financiou no seu conxunto cunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña, ao amparo do programa DTC 94.

Deste modo, os traballos de pavimentación e acondicionamento dos viais desenvolvéronse nos lugares de Saa (parroquia de Esteiro), Pardiñeira (Régoa), Espiñaredo (Cervo) e Figueiras e Ferrería (Montoxo). Con estes traballos, o Concello pretende mellorar o estado da rede viaria municipal e reforzar así a seguridade desta.

15 de xullo de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.