O colexio “Mesta Clara Torres” e o Concello editan un calendario con propostas para os 365 días do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

O Colexio Rural Agrupado “Mestra Clara Torres” e a Concellería de Educación de Tui editaron un calendario no que inclúen propostas a realizar os 365 días do ano que favorecen aprendizaxes básicas para a vida.  Entre esas propostas figuran tamén algunhas específicas para a época estival, coas que os cativos poden disfrutar o seu tempo de vacacións.

Estas actividades xiran entorno ao medio ambiente, igualdade, coñecemento e interacción coa contorna, promoción da lectura e escritura, o razoamento, reciclado…Amais con carácter mensual o calendario inclúe propostas de cine familiar, literatura para  a poboación infantil e adulta,…

O obxectivo desde calendario é que as familias se sumen ao desenvolvemento das competencias básicas, facendo deste xeito que a educación sexa unha tarefa compartida.

19 de xullo de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.