O Club SEO celebrará a segunda edición da proba Ultra BTT de Orientación o vindeiro sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O Sociedade de Excursionistas e de Orientación de Ordes (Club SEO) en colaboración co Concello de Ordes celebrará o vindeiro sábado a segunda edición da súa proba Ultra BTT de Orientación.

A proba desenvolverase dende as 8 horas por sendeiros e camiños rurais que parten de Ordes ata chegar a Santiago para posteriormente realizar o traxecto de retorno. En total serán aproximadamente 100 km que deberán completarse nun tempo máximo de 13 horas. Ao longo deste trazado instalaranse 35 postos de control polos que deberán pasar obrigatoriamente todos os participantes. Según estimacións orientativas calcúlase que á cita acudirán arredor de 150 atletas pertencentes a uns 40 equipos. Este ano disputaranse dúas categorías: Élite (parellas de dous corredores que deberán completar todo o percorrido) e Aventura (un máximo de catro competidores que irán cedéndose o relevo nalgún dos postos de control).

23 de xullo de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.