O Club Ourense Baloncesto contará co apoio do Concello de Ourense para que continúe na categoría LEB Ouro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense seguirá a apoiar a Clube Ourense Baloncesto para que poda seguir competindo na categoría LEB Ouro. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, comunicou a súa decisión á xunta directiva do equipo ourensán nunha xuntanza mantida esta mañá na Alcaldía.

Con esta finalidade, o goberno municipal está disposto a estudiar vías de    colaboración adicionais co clube que complementen a subvención anual, por vía competitiva, que recibirán do Consello Municipal de Deportes (que previsiblemente será inferior á da tempada anterior), sempre e cando a directiva acepte o cambio de denominación do club por “Ourense Termal”, de xeito que o equipo serva de promoción da cidade como destino turístico apoiada no seu atractivo termal, xunto con máis accións complementarias a esta finalidade, como a rotulación do nome Ourense Termal das camisetas, autobús, cancha e demais elementos axeitados para esta finalidade, ademais da realización de campañas e actividades de difusión do termalismo ourensán, entre outras.

Así, con esta vontade de manter un nivel de colaboración económica similar á da anterior campaña, o alcalde comunicou aos directivos do COB que o Concello de Ourense avaliará a vialibilidade de propostas de colaboración, con cargo aos orzamentos do vindeiro ano 2014, que realice o propio club con accións destinadas á promoción de Ourense como Capital Termal, co requisito imprescindible de que o club adquira a denominación de Ourense Termal, de xeito que tódolos impactos publicitarios asociados ao seu nome servan de plataforma de promoción da cidade.

O alcalde convidou ao clube a presentar un proxecto concreto e detallado de accións a desenvolver, coa súa correspondiente avaliación económica e acompañado de auditoria técnica realizada por entidade especializada que xustifique o importe a investir por parte do Concello.

 

4 de xullo de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.