O circuíto de carreiras populares ‘Coruña Corre’ contará cunha nova proba
O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, acompañado pola presidenta da Asociación de Veciños do Ventorrillo, Rosa Barreiro, e a presidenta do Club de Atletismo Riazor Coruña, Margot Garnelo, presentou esta mañá a Carreira do Ventorrillo, a quinta e penúltima proba do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.
En concreto, Mourelo explicou as características desta proba inédita que se celebrará este domingo, 14 de xullo, cun percorrido de 4.800 metros. “É a carreira máis curta do Coruña Corre, pero tamén unha das máis duras xa que consta de moitos tramos en costa”, destacou Mourelo quen anunciou que o percorrido chegará ata Penamoa: “O circuíto internarase en Penamoa a petición dos veciños para mostrar os coruñeses que se converteu noutro fermoso pulmón verde da cidade”.
A Carreira do Ventorrillo sairá da rúa Alcalde Jaime Hervada no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez a partir das 10.30 horas, cando partirá a categoría absoluta que percorrerá unha distancia de 4.760 metros. A partir de aí, o resto de categorías irá saíndo paulatinamente:
– Xuvenil e Cadete: 11.15 horas, 2.090 metros.
– Infantil: 11.30 horas, 1.400 metros.
– Cría e Benxamín: 11.45 horas, 845 metros.
– Pitufos: 11.55 horas, 150 metros.
Os números poderán recollerse o sábado (de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas) e o propio domingo (ata unha hora antes do inicio da competición) na Asociación de Veciños do Ventorrillo na rúa Alcalde Salorio Suárez, 26, Baixo.
Os interesados poderán inscribirse ata este xoves, 14 de xullo, ás 23.30 horas. As inscricións faranse a través de www.coruna.es/carreraspopulares ou www.championchipnorte.com.
Esta iniciativa, que naceu en outubro Nos rosales e concluirá o próximo 11 de agosto coa II Carreira Popular de Oza, inclúe un programa de seis probas en seis barrios da cidade, coa intención de fomentar o deporte, aglutinar organizativamente ao gran número de carreiras populares en ruta que se organizan actualmente no municipio e involucrar ás asociacións veciñais e clubs de atletismo da cidade.











