O Centro de Transfusión de Sangue e o Concello de Ribadumia impulsan a participación dos veciños na doazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O mércores, día 31 de xullo, desprazarase o persoal sanitario do Centro de Transfusión de Galicia ata Ribadumia, para facilitar a doazón de sangue de todolos veciños. Unha unidade movil permanecerá xunto á Casa do Concello en horario de 10:00h a 14:00 e 16:00 a 21:00h.

Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos inclusive. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ó ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses. Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas. É vital, para a seguridade transfusional, que o doador aporte toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado vai destinado a axudar a recuperación dos doentes

Esta iniciativa ten como obxectivo promover a participación dos veciños e das veciñas nas campañas de doazón de sangue e, deste xeito, garantir o correcto desenvolvemento da labor asistencial nos centros sanitarios galegos, precisan ao redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.e esta so dura uns 40 ou 42 días, polo que as doazóns de xullo só chegan ata finais de agosto.

O Concello de Ribadumia e o Centro de Transfusión de Galicia amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e Lembra que a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.

26 de xullo de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.