publicidade hoxe

O CDR Portas Abertas de Vilardevós impartirá cursos de SIX e innovación en industrias agroalimentarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilardevós
A-
A+

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas de Vilardevós acollerá dous cursos que se impartirán durante os meses de setembro e outubro destinados a persoas activas dentro do sector agroforestal.

Curso de SIX (Sistema de Información Xeográfica)

Este curso terá unha duración de 40 horas e será impartido do 23 de setembro ao 17 de outubro en horario de 18.30 a 21.00 h. no Centro CDR Portas Abertas, na rúa Mariano Carrero número 10 de Verín.

As inscricións poderán realizarse por teléfono no 988 417 232, no 988 989 508 ou por correo electrónico no enderezo rural@cdrportasabertas.org. As prazas son limitadas.

Innovación na xestión empresarial de pequenas industrias agroalimentarias no medio rural

Curso de 36 horas que se impartirá do 24 de setembro ao 31 de outubro en horario de 18.30 a 21.30 h. no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós (contará con beca de desprazamento).

Destinado a persoas en activo relacionadas co sector, as inscricións poderán realizarse no CDR Portas Abertas no teléfono 988 417 232, no 988 989 508 ou por correo electrónico en rural@cdrportasabertas.org

29 de xullo de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.