publicidade hoxe

O Catamarán de Castrelo comeza a tempada 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal
A-
A+

O catamarán sae do Parque Náutico de Galicia e vai río arriba ata Troncoso, onde dá a volta para retornar ao punto de partida. No traxecto, ademáis dos viñedos, igrexas e outros lugares de interese que se van explicando durante o percorrido, pódense contemplar as aves que abundan como o corvo mariño real, a garza real ou a píllara areeira, ou cun pouco de sorte incluso a águia peixeira, unha ave que se pode divisar en poucos lugares da península.

O servizo de catamarán funciona nos meses de verán, do 1 de xuño ata o 30 de setembro, con varias saídas diarias.

Teléfonos de Interese

Información e reservas: 647 212 228

Casa do Concello: 988 493 000

Horarios e Prezo

Venres ás 16:00 e ás 18:00

Sabados, domingos e festivos ás 12:00, 15:30, 17: 30 e 19:30

Fóra destes días poderanse reservar viaxes con dous días de antelación e un mínimo de sete pasaxeiros.

Prezo: 10 euros/persona (Os empadroados en Castrelo de Miño terán a bonificación do 50%)

18 de xullo de 2013 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.