O Carballiño nos Xogos do Eixo Atlantico
Nestes días están a celebrarse os X Xogos do Eixo Atlántico entre cidades pertencentes ao Eixo Atlántico Peninsular (forman parte cidades galegas e do norte de Portugal), o concello do Carballiño está representado no torneo por un equipo da escola municipal de futbol Arenteiro na modalidade de futbol 7.
Os carballiñeses están na localidade de Guimaraes e quedaron encadrados con Coruña, Peso da Regua e Guimaraes. Os niñosmarcharon este pasado domingo a primeira hora da mañá e volverán o xoves pola tarde. O concelleiro de deportes, Rodrigo González Hermida participou este domingo na Inauguración dos Xogos e estivo presente no primeiro partido do equipo carballiñés, celebrado na cidade deportiva da Victoria de Guimaraes.











