O Carballiño inicia a campaña de compostaxe promovida pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Instante do curso de formación

Instante do curso de formación

A Campaña de Compostaxe Doméstica 2013, promovida pola Deputación de Ourense e SOGAMA, iniciou  a súa segunda fase de desenvolvemento no concello de O Carballiño. Despois de haber formado a un mestre composteiro no concello,  o mércores día 10 de xullo Todoverde  realizou, na Casa da Cultura,  un curso de formación para os participantes onde tamén puideron recoller o material necesario para realizar o proceso (composteiro, termómetro e aireador). Con posterioridade, os técnicos de Todoverde irán as súas casas para comprobar que o proceso se está a levar a cabo correctamente.

Ata o momento  non se cubriron a totalidade das prazas existentes  polo que amplíase o prazo  para poder inscribirse na Campaña, a data límite será o día 24 de xullo e o interesados poderán anotarse na Casa do Concello de O Carballiño.

11 de xullo de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.