O Carballiño acolle VI Semana Grande para Pequenos
As actividades físicas, lúdicas e recreativas van ocupando co paso dos anos un lugar cada vez máis importante en todos ámbitos sociais; recoñecéndose a súa trascendencia no desenvolvemento integral das persoas, na mellora da calidade de vida e na súa utilización do ocio e tempo libre.
O obxectivo principal de SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS é conseguir que os nenos/as disfruten co sinxelo, xoguen, experimenten, énchanse de enerxía e optimismo. Queremos que descubran que a partir de sinxelos obxectos son quen de acadar e lograr perfectos obxectos de decoración e xogo. Con elo mellorarán a súa autoestima e as súas habilidades sociais, as que se estimulan e se poñen en funcionamento cando nos socializamos. Estes obradoiros que propoñemos implicarán fantasía, imaxinación e creatividade.
Para participar neste obradoiros non será necesaria inscrición previa senón que será de portas abertas, os nenos que o desexen poderán achegarse á praza maior e compartir as ganas de divertirse.
Nesta semana, onde os nenos/as serán os protagonistas, fomentarase a participación activa entre os participantes e os monitores, estimulando a imaxinación e a autonomía, evitando así ser meros coidadores infantís.
Un mesmo obradoiro adaptarase pola súa dificultade para distintas idades.
Obradoiros creativos
A partir dos 3 anos
Do 22 ó 26 de xullo
De 19 a 21 horas
Na Praza Maior
¿Qué obradoiros se van desenvolver:?
– Goma Eva
– Reciclaxe
– Globoflexia
– Papiroflexia
– Papel mache
– Maquillaxe
– Pasta de modelar
– Pintura artística
– Abalorios…











