publicidade hoxe

O campamento de Vimianzo converte aos cativos participantes en panadeiros por un día

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVimianzo
A-
A+
Actividade de panadería

Actividade de panadería

34 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos que participan esta semana no Pequecampamento Vimiverán convertéronse en panadeiros por unha mañá. Coa colaboración de PanIgnacio de Vimianzo os nenos e nenas puideron gozar dunha xornada especial nos fornos da panadería, onde axudados polos monitores e polos traballadores de PanIgancio eles mesmos elaboraron unha bola e un molete de pan, un biscoito, 2 croissants para cada un deles que levaron para as súas casas. Ademais disto e para repoñer forzas logo da dura xornada de traballo, elaboraron unha pizza que degustaron na propia panadería.

Ata o venres continuarán co Pequecampamento, con diferentes actividades culturais e deportivas, unha actividade pensada desde o concello para o divertimento e aprendizaxe dos pequenos, para manter lazos de amizade entre os nenos e nenas de diferntes parroquias que non se coñecen,  pero tamén para axudar aos pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar.

A próxima semana serán os máis grandiños, máis de 50 nenos inscritos entre 6 e 12 anos, os que participen no Campamento Vimiverán, onde repetirán experiencia na panadería, entre outras moitas actividades.

10 de xullo de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.