publicidade hoxe

O Burgo Jazz de Culleredo alcanza a súa XIII edición con concertos ao aire libre e o debut da Big Band do Conservatorio de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

O festival BurgoJazz comeza mañá a súa XIII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da bisbarra do xénero. Serán cinco xornadas que levarán a catro grupos emerxentes ao xardín botánico do Burgo.

Os recitais organizaranse ao aire libre, dentro do recinto. Desta forma, o Concello aproveitará as excelentes previsións climatolóxicas para crear unha atractiva oferta de ocio. Así, as persoas que paseen polas proximidades xa escoitarán os acordes e voces e poderán unirse
aos concertos.

As actuacións terán lugar ás 21.00 horas. Os grupos que participan son:

– Xoves 4: Big Band del Conservatorio de Culleredo / Jazz Tenders
– Venres 5: Cuarteto Avalon
– Sábado 6: Narci Rodríguez Standards Quintet
– Domingo 7: Voando libre – Balcanic night
– Luns 8: Wilson & Friends

Unha das grandes novidades reside na participación por primeira vez no festival da Big Band del Conservatorio. Desta forma, o Concello aposta por promover o traballo dun grupo creado no centro de formación municipal e con moito futuro no panorama musical.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a “calidade” dos artistas que participan nun festival que cumpre 13 anos con cheos en todos os concertos. “É un festival moi arraigado en Culleredo e que ademais axuda a dar a coñecer un xénero menos comercial de música”, afirma.
No evento colabora a Deputación da Coruña.

2 de xullo de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.