O Auditorio Mar de Vigo acollerá un congreso de profesionais da reparación de vehículos en agosto

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero mantivo esta mañá unha reunión cos organizadores dun congreso de profesionais de reparacións de vehículos que se organizará no mes de agosto na nosa cidade. O espazo elexido será o Auditorio Mar de Vigo.

Vigo acollerá en agosto un congreso de profesionais de reparacións de vehículos, tal e como lle explicaron hoxe ao rexedor os responsables de ATRA (Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos de la provincia de Pontevedra) e de Cetraa (Confederación Española de Talleres de Reparación de Automóviles y Afines) durante un encontro que mantiveron na Alcaldía. O rexedor avanzou que o Concello apoiará este evento, que se organizará no Auditorio Mar de Vigo, pola respercusión económica para a cidade.

Por outra banda, o alcalde tamén se reuniu esta mañá con representantes do Rotary Club que lle agradeceron a Caballero a cooperación do Concello nas súas actividades.

26 de xullo de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.