O artista galego Roi Casal encargarase de abrir as Festas do Albariño 2013 en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCambadosLocal
A-
A+

Roi Casal e a súa banda chegan a Cambados co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado e polo que foron galardoados en varias ocasións.

“Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Cambados por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro” afirma Roi Casal.

O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que “a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media. Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores”.

Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e comparten cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés (20 Xullo, Talavera de la Reina-Toledo-) ou Chenoa e Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.

O concerto está enmarcado dentro da programación da Festa do Albariño 2013 que organiza o concello de Cambados. Terá lugar o vindeiro Mércores 31 de Xullo na Praza Fefiñáns de Cambados a partires das 24:00h. A entrada é de balde.

Aclaración: o concerto, que inicialmente estaba previsto para as 23h00, retrásase unha hora para respetar os sete dias de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia a tenor do accidente de tren sucedido en Santiago de Compostela.

Sobre Roi Casal

Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, que toca a arpa céltica, a zanfona, e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. Tras case unha década no grupo, no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, disco galego máis vendido dese ano. En febreiro de 2011 publicou o seu segundo traballo, Maxicamente vello, no que de novo realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea e co que leva a cabo unha importante xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns.

Na actualidade traballa no seu novo disco que sairá á venda nos vindeiros meses.

29 de xullo de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.