O aquapark de Cerceda recibe a visita de veciños de Dodro

Grupo de visitantes de Dodro
O pasado venres 19 de xullo un grupo de 80 persoas do Concello de Dodro foron de excursión ó Aquapark de Cerceda. A pesares da sair de Dodro cun día nublado, a expedición atopouse á súa chegada a Cerceda cunha xornada de sol para poder disfrutar das piscinas e tobogáns do parque acuático. A saída de Dodro foi ás 11:00 horas e o retorno ás 19:30 horas. Aínda estando casi sete horas no parque a moitos fixoselle corta a estancia e xa están desexando repetir a experiencia.