O alcalde do Carballiño recibe aos nenos de Verán Divertido 2013

Recibimento dos cativos na Casa Consistorial
Preto de 40 nenos inscritos no programa Verán Divertido, visitaron o concello do Carballiño e estiveron co alcalde desta casa do concello, ao que lle preguntaron todas as dúbidas que tiñan sobre como funcionaba o concello e que cara a el como alcalde. Marnotes sentou os nenos na mesa do pleno e animounos a que pedisen cousas que eles vían que faltaban na vila. A maioría pediu máis sitios de recreo ante o cal Argimiro Marnotes lles suxeriu se lles parecería ben un parque infantil na zona da Beira Cruz, proposta que foi aprobada por unanimidade.
Os nenos tamén estiveron a facer preguntas a unha das axentes da Policía Local, un clásico dentro destas visitas ao concello.











