O alcalde do Carballiño cumpre coa tradición da Madanela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
O rexedor no xantar na romaría

O rexedor no xantar na romaría

O alcalde do Carballiño cumpriu un ano máis coa tradición da romaría da Madanela, acudindo á parroquia de Santa Uxia para acompañar á procesión da virxe e, posteriormente, comer na carballeira xunto con centos de veciños que cada ano se dan cita nesta zona do municipio carballiñés.

Xunto co alcalde estiveron parte dos edís do grupo de goberno, e uns e outro compartiron mesa cos veciños da zona. A romaría da Madanela é unha das máis seguidas no municipio do Carballiño, e adoita ser centro de reunión de veciños que ao longo do ano está fóra, e regresan para festexar á Virxe.

22 de xullo de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.