O alcalde de Pontevedra recibe ao vicepresidente da Federación Uruguaya de Ajedrez
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao vicepresidente da Federación Uruguaya de Ajedrez, Esteban Jaureguizar, que está a visitar Galicia, e asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Escola de Xadrez de Pontevedra de carácter formativo e deportivo.
O alcalde amosouse moi interesado no proxecto que pretenden pór en marcha as dúas entidades, dada importancia que o Concello de Pontevedra lle outorga a todas as disciplinas deportivas, especialmente no deporte de base.
No convenio asinado esta mañá entre a Federación uruguaya e a Escola Xadrez de Pontevedra, a Federación comprométese a asesorar
tecnicamente –achegando material didáctico- á escola pontevedresa en cuestións deportivas, educativas e tecnolóxicas do xadrez. Cabe explicar que a Federación uruguaya está realizar proxectos educativos de formación de educadores, e tamén de investigación universitaria sobre o xadrez, situando a esta federación como un referente internacional.
A Escola de Xadrez de Pontevedra tamén asesorará tecnicamente e con suministro de material didáctico á Federación no ámbito deportivo e
social, e tamén cooperarán no diseño, desenvolvemento e execución de actividades.
Tamén se comprometen a impulsar futuros acordos que propicien accións de investigación académica a través das universidades da República
de Uruguay e da Univeridade de Vigo, “dado o desenvolvemento do convenio entre a federación e a primeira universidade, e o importante traballo realizado pola universidade de Vigo con altos logros deportivos nos últimos anos”.











