O alcalde de Pontevedra recibe á nova directiva da asociación de veciños O Mirador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á nova directiva da asociación de veciños O Mirador, de Monte Porreiro, nunha reunión de presentació na que estivo presente o concelleiro delegado do barrio, Luís Bará.

Na reunión fíxose un repaso xeral dos asuntos do barrio, así como da coordinación con todos os colectivos de Monte Porreiro a través o Consello de barrio, e das reunións periódicas que o concelleiro mantén coa asociación O Mirador.

No encontro, o concelleiro Luís Bará explicou que fará unha visita ao barrio para facer repaso de actuacións realizadas, de melloras que están
previstas no futuro e novas obras.

3 de xullo de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.