O alcalde de Ourense visita aos veciños da cidade posibles vítimas do accidente ferroviario
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández desprázase nestes intres a Santiago para interesarse pola situación dos veciños de Ourense posibles vítimas do accidente ferroviario. Dende que se produciu a traxedia, tódolos medios humanos e materiais de Protección Civil de Ourense están a disposición do servizo de atención aos afectados, segundo comunicou o propio alcalde tanto á Subdelegación de Goberno en Galicia como, a través de Protección Civil, ao 112 de Galicia, para colaborar en todo aquelo que sexa preciso.











