O alcalde de Ortigueira destaca a idoneidade da vila para albergar o “I Curso de dirección de banda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

O alcalde ortegano, Rafael Girón, participa esta tarde, a partir das 18 horas, no Museo Ortegalia na inauguración oficial do “I Curso de dirección de banda Vila de Ortigueira” que organiza no municipio a UIMP co respaldo do Concello. O acto, ao que asistirá Domingo Belo Janeiro, novo director da Menéndez Pelayo en Galicia, servirá para presentar eL encontro, no que se abordará a técnica, historia e práctica da dirección de agrupacións, usando unha banda piloto para as prácticas.

O curso, que se prolongará ata o sábado, baixo a dirección do ortegano Iván Martínez Sabio, profesor de clarinete e piano do Conservatorio Profesional de música de Lugo, propón, entre outros obxectivos, a formación do director nos seus distintos aspectos (musical, técnico, psicolóxico, pedagóxico e didáctico), así como a adaptación das bandas de música ao ámbito cultural contemporáneo.

Detalla o seu director, que “se trata” do primeiro curso de dirección de banda de música realizado en Galicia” “a través dunha universidade”. A singularidade do encontro, que conta cun equipo docente de primeiro nivel, radica en ademais no seu “carácter intensivo e no traballo previo que requiriu” o alumnado (semanas de estudo do repertorio).

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, apunta a idoneidade do municipio de Ortigueira para desenvolver precisamente este encontro. “A tradición musical de Ortigueira é coñecida sobradamente por todos. Acabamos de vivir o Festival do Mundo Celta, grazas ao que o noso pobo é coñecido en todo o mundo, e contamos cunha amplísima historia no campo das bandas de música,”.

En referencia ao encontro, o rexedor quere mostrar o “agradecemento, pola súa colaboración desinteresada, aos preto de 40 integrantes da Banda de Música de Ortigueira que formarán parte da agrupación piloto na que se apoiarán as prácticas do curso”.

Girón destaca finalmente a honra que supón para Ortigueira ser sede un verán máis dos cursos da UIMP e mostra o seu empeño por dar continuidade “en beneficio de todos” a esta “frutífera colaboración” co concello e a Fundación Ortegalia, que dura xa doce anos.

17 de xullo de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.