O alcalde de Ferrol visita o campamento urbano de verán do Cantón de Molíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado da concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, visitou esta mañá o campamento urbano de verán que se está a desenvolver na ludoteca municipal do Cantón de Molíns. Este campamento, xunto o que se desenvolve no Centro Cívico Carvalho Calero, reúnen a un total de 120 menores que levan a cabo actividades lúdicas e formativas durante o período estival. Un dos obxectivos desta actividade, ademais de ofrecer un espazo de ocio e educativo aso máis pequenos durante as vacacións, é axudar a conciliación da vida familiar e laboral das familias ferrolás.

Así, o rexedor municipal explicou que esta proposta da área de Xuventude conta cun incremento no número de prazas ofertadas no campamento da ludoteca, que pasa de 40 a 80. E ao fío disto, Rey Varela salientou a importancia da conciliación da vida laboral e familiar dirixida á infancia durante a época de vacacións escolares de verán.  Este campamento está destinado a nenos/as entre os 3 e os 6 anos.

Pola súa banda, Verónica Casal, lembrou que de maneira paralela a este campamento está a ter lugar outro no Centro Municipal Carballo Calero, dirixido a nenos e nenas entre os 7 e os 12 anos de idade, e no mesmo contan con actividades de importante compoñente educativo, así como lúdico e deportivo. Así, a titular de Xuventude explicou que este ano tamén foi duplicado o número de dispoñibilidade para o Campamento Urbano, contando entre os dous meses de verán cun total de 160 prazas fronte ás 80 ofertadas o ano anterior.

12 de xullo de 2013 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.