publicidade hoxe

O alcalde de Culleredo reúnese co novo director do aeroporto de Alvedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+
Julio Sacristán e Jesús Campo durante a reunión

Julio Sacristán e Jesús Campo durante a reunión

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo na mañá de hoxe unha entrevista co novo director do aeroporto de Alvedro, Jesús Campo. Na reunión tamén estiveron presentes o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, e o responsable da obra de ampliación da pista que se acomete na actualidade.

O encontro serviu como primeira toma de contacto do goberno de Culleredo co director. Sacristán desexoulle o maior dos éxitos á fronte do seu cargo e ofeció a disposición do Concello para o diálogo sobre calquera cuestión de mutuo interese.

4 de xullo de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.