O alcade de Curtis réunense cos 12 membros que formarán o grupo de emerxencias supramunicipal

O rexedor xunto ao grupo de emerxencias
Esta mañá o Alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o Concelleiro de Protección Civil, Emilio Souto, mantiveron unha reunión cos 12 aspirantes que superaron o proceso selectivo e que formarán o Grupo de Emerxencias Supramunicipal con base no recinto feiral de Curtis.
Dende o 29 de xullo ata o 9 de agosto asistirán a un curso de formación no Parque de Bombeiros de Arzúa e o 13 de agosto o grupo iniciará a súa actividade.
Este grupo dará cobertura ao Concello de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga en coordinación cos parques de bombeiros existentes.











