O 27 de xullo celébrase a XVIII travesía a nado da Ría de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportesLocal
A-
A+

O concello de Ares, a través da súa concellaría de deportes, informa de que o vindeiro sábado, día 27 de xullo, terá lugar a XVIII travesía a nado da Ría de Ares, que dará comezo ás 18 h. con saída dende a zona de praia a anexa á Rampa Grande.

Poderase inscribir con anterioridade do 16 ao 26 de xullo, de luns a venres, , na Alianza Aresana de 9 a 14 h., ou ben de 16 a 17,30h. o mesmo día da proba, na zona de saída. Dende a organización estabelecense as seguintes categorías por idades e distancias a cubrir:

Cat. A: 1983 e anteriores. (1.000 m.)

Cat. B: De 1984 a 1997. (1.000 m.)   

Cat. C: De 1998 a 2001. (1.000 m.)

Cat. D: 2002 e posteriores. (400m.)

Cat. Popular: Todas as idades, pódese usar material auxiliar. (100 m.)

PREMIOS:

Haberá medallas aos tres primeir@s clasificados en cada categoría ( A, B, C, D), tanto en masculinos como en femeninos. Mención especial para nadad@r máis xove e máis veterá. Na categoría popular agasallo ao máis orixinal.

NORMAS:

– No mapa pódese ver a liña do recorrido. Marcaránse as distancias para cada categoría con boias. As boias deixaránse pola esquerda. A saída e a meta serán a pé na area. Sinalaranse e acotaranse a saída e a chegada, quedando descalificado o nadador que non complete o percorrido ou que non remate a proba polo lugar indicado.

– Darase primeiro a saída ás categorías con menor distancia.

– Transcurridos 20 minutos dende a chegada dos 10 primeiros nadador@s de cada categoría, procederáse coa saída da seguinte. Os nadador@s que non remataran a tempo quedarán fóra de control.

– Os premios entregaránse no Concello de Ares, aproximadamente 30 minutos despois de rematada a proba.

12 de xullo de 2013 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.