Novo percorrido da +10 Marín Manolo Rosales con dous voltas ao circuíto e entrada na Escola Naval o venres 2 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportes
A-
A+

A + 10 Marín Mas Marín Manolo Rosales gran premio ENCE, continúa mellorando e planificando todos os detalles para que o evento do próximo venres se consolide, por iso preséntase o novo percorrido do evento mellorando o do ano pasado e evitando dar tres voltas ao circuíto sen perder o perfil plano que ten a carreira e que tanto lle gusta aos corredores. O pasado mércores a alcaldesa de Marín e o director da Escola Naval Militar de Marín, que este ano cumpre 70 anos, chegaron ao acordo de que a carreira poida entrar unha única vez ata o peirao de torpedos e así facer un percorrido interno de 1.650 metros todos eles paralelos ao mar, que sen dúbida para os corredores é un detalle que lle gusta. Este acordo permite que a carreira se quede en só dúas voltas de 5.000 metros e con iso evitar ao máximo os corredores dobrados.

A + 10 Marín Manolo Rosales, gran premio ENCE, segue mellorando, outros dos cambios é a situación da saída que nesta ocasión estará situada nas inmediacións da alameda Rosalía de Castro xusto onde está o paso de peóns da, marquesiña de autobús, situada na avda. de Ourense, esa mellora converte a alameda no epicentro da carreira, ademais o achegamento da saída á escola permite que o corte de tráfico inicial sexa mínimo, por iso inicialmente a saída será dirección Escola Naval e non dirección Pontevedra como estaba programado e desaparece o bey past no último tramo da rúa Ejercito e Mariña á altura de Mirón. Con estes cambios o circuíto definitivo é o seguinte: Avda. de Ourense-marquesiña (saída), praza de España, Escola Naval (entrada principal), Escola Naval (peirao torpedos), Escola Naval (entrada principal), praza de España, Rúa Forte, Rúa Lameira, Ejercito e Mariña (mercado), Praza de España, avda. de Ourense, avda. Marqués de Valtierra, Cantodaarea, avda marque de Valtierra, avda. de Ourense, praza de España, Rúa Forte, Rúa Lameira, Ejercito e Mariña, (mercado), Praza de España, avda. de Ourense, avda. Marqués de Valtierra, Cantodaarea, avda. Marqués de Valtierra, avda. de Ourense, praza de España, Rúa Forte, Rúa Lameira, Ejercito e mariña ( mercado), praza de España e a meta situada na Rúa Almuiña como na pasada edición.

Con estes cambios o punto de avituallamento, estará situado no quilometro 5 á altura da entrada de Nodosa no porto de Marín (avda. Ourense), iso permite que os corredores poidan avituallarse en dúas ocasións, no paso dos 5 quilómetros e na segunda volta ao pasou do
quilometro 8,5. Os puntos quilométricos estarán situados o venres pola mañá e serán os seguintes:

K1, Escola Naval (peirao torpedos), K2 (Correos- Rúa Lameira), K3 (avda. Ourense), K4 (praza Marques Valtierra), K5 avda. de Ourense (Porta Nodosa), K6 (Exercito e Mariña), K7 avda. de Ourense (dirección Pontevedra), K8 avda. de Ourense dirección Marín), K9 avda. Ourense (marquesiña).

A inscrición pódese formalizar ata o martes 30 de xullo ás 23,59h a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prezo desta será unicamente de 5 euros -federados e non federados-, importe que os corredores pertencentes a clubs de Marín non terán que aboar.

Plan de tráfico especial

A policía Local e Protección Civil, planificaron un plan especial de tráfico intentando que o evento teña os mínimos impactos posible no tráfico rodado de Marín, por iso o corte das rúas irán paulativos a medida que se vala achegando a hora da saída do evento, onde a partir das 21 horas o corte de tráfico será completo nas rúas de circuíto, planificando diferentes alternativas. A primeira rúa que sera cortada é a Rúa Almuiña as 19 horas para que situar a liña de meta e permanecerá pechada ata a finalización da carreira arredor das 11,30 horas. A seguinte rúa que se cortase será o tramo da avda. de Ourense que vai dende a praza de España ata a altura do concello ás 19,30 horas, situándose a parada de autobús ao lado da caseta de información turística situada na praza de España e dando saída e entrada aos vehículos pola porta de Nodosa e o tramo do porto. O corte total do circuíto será as 21 horas a partir dese momento abrirase unha alternativa polo porto con entrada á altura de Marqués de Valtierra e para os vehículos que vén das praias a policía local aconsella utilizar a vía rápida se a dirección é Pontevedra ou pola parte superior de Marín se é para no núcleo urbano, á vez nesta ocasión existirá un vial de servizo na avda. de Ourense á altura das semáforos de Nodosa e Carballiño para poder dar entrada a Ezequiel Masoni e Jaime Janer. Os vehículos que saian pola porta do porto situada en praza de España só estarán cortados de 21,30 a 21,35 e de 21,40 a 21,50 para dar saída e entrada aos corredores.

Trofeos premios e vales de regalos Estrela de Marín

Aos tres primeiros clasificados das categorías Masculina e Feminina absoluta e da categoría Infantil-Cadete faráselles entrega dun trofeo conmemorativo. Ademais existirá un premio para o mellor clasificado de Marín en categoría feminina e masculina. Mentres, todos os participantes das carreiras Benxamín-Cría e Chupetes recibirán un regalo nada máis cruzar a liña de meta.

Por outra parte o evento segue sumando adeptos e nesta ocasión a asociación comercial Estrela de Marín súmase ao evento con regalos de 8 vales de compra na feira “Saldo Marín” que coincidirá coa celebración da +10 Marín gran premio Ence e que durará todo o fin de semana

26 de xullo de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.