Novo Curso de manipulador de alimentos da Casazul
A Concellaría de Benestar Social Municipal oferta un novo Curso de manipulador de alimentos, incluído dentro da programación da Casazul, debido á alta demanda dos veciños da cidade.
No curso traballaranse as correctas prácticas de hixiene e manipulación en restauración.
Realizarase o vindeiro martes, 9 de xullo, na Sala Liñares da Casazul en horario de 16.00 a 19.30 horas. A cota de participación é de balde.
Os veciños e as veciñas interesados/as deben entregar a ficha de inscripción os días 3 e 4 de xullo no despacho 41 da Casazul, zona 4, en
horario de 10.00 a 13.00 ou ben por email en casazul@pontevedra.eu. A ficha tamén se poderá descargar en www.pontevedra.eu
Xunto coa ficha de inscripción compre entregar nota xustificativa de empadroamento no Concello de Pontevedra e o DNI.
Para aceptar a inscricións terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social, usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou discapacidade a cargo.











