Nigrán organiza un campamento de verán para agosto
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un novo campamento de verán para o mes de agosto, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
O campamento está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e desenvolverase entre o 1 e o 31 de agosto, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O periodo de inscrición ábrese o vindeiro lúns, 15 de xullo, e pemanecerá aberto até o 26 deste mes.
Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, ao teléfono 986 383 081 ou ao correo electrónico cim@nigran.org.











