Nigrán lanza unha nova convocatoria para o curso de graduado en ESO
O éxito de participación e resultados do curso para a obtención do graduado en ESO, cuns 25 alumnos e un 75% de aprobados, leva ao Concello de Nigrán a realizar unha nova convocatoria para o próximo outono. As inscricións, que se realizarán a través do CIM de Nigrán, abrirase o próximo mes de setembro.











