Nigrán acollerá o 24 e 25 de xullo a última proba e a fase final do III Campionato Galego de Balonmán Praia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalNigrán
A-
A+

Os días 24 e 25 de xullo celebraranse en Nigrán a última proba e a fase final da terceira edición do Campionato Galego de Balonmán Praia. Trala disputa do torneo de Cangas coñécese o nome de sete dos equipos clasificados para a final e o día 24 decidirase o oito clasificado. No torneo de Cangas, que logrou récord de participación de equipos, o numeroso público que se congregou na praia de Rodeira gozou con dúas xornadas de balonmán praia de moito nivel. Na categoría feminina, El Bunga superou a Las Merengue Merengue na gran final, mentres que o terceiro clasificado foi o equipo das Espartanas. Na masculina, a vitoria foi para BMP Painkillers que gañou no último partido a Chufisad, mentres que a terceira posición foi para o Bueu Atlético. Así, trala celebración do torneo de Cangas coñecemos o nome dos sete equipos clasificados para a fase final que se disputará en Nigrán o xoves día 25. A oitava praza decidirase o día anterior no torneo de Nigrán, no que poderán participar calquera equipo inscrito no Campionato Galego. Para inscribirse terán que facer a inscrición na páxina web www.verandeportivo.com (antes do martes ás 15 horas ) e teñen que poñer como observacións: TORNEO NIGRÁN. O gañador de cada unha das categorías logrará a clasificación directa para a fase final.

Fase final, o día 25. Na categoría feminina hai sete equipos con praza asegurada: El Bunga, As de Sempre, Las Merengue Merengue, Waterfuckers, Espartanas, 100 x 100 Animal e Ac Kalo. Mentres que na masculina os conxuntos clasificados son: BMP Painkillers, PTV Handstar, BMP Panchitos, Sin Semilla, Limpiezas Arcoiris, Chufisad e A Pousada Do Couto. Os equipos teñen que facer a inscrición na páxina web www.verandeportivo.com (antes do martes 15 horas) poñendo en observacións: FASE FINAL NIGRAN 2013. No caso de que algún equipo non formalice a súa inscrición, esta praza será ofrecida por orden de clasificación do Campionato Galego e así sucesivamente ata completar a participación. Se o torneo de Nigrán non se puidese celebrar por falta de equipos, a oitava praza será ofrecida ao seguinte equipo na clasificación do Campionato Galego.

22 de xullo de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.