Negreira recibe aos bolseiros coruñeses para cursar en USA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
O rexedor xunto aos bolseiros

O rexedor xunto aos bolseiros

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira acompañado do concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, recibiu esta mañá no Pazo Municipal de María Pita aos 45 estudantes de Secundaria de centros educativos da cidade que obtiveron as Bolsas USA 2013-2014, ademais dos 5 primeiros subvencionados de FP Superior que realizarán prácticas en Reino Unido, Austria e Italia a través do proxecto Acore.

O alcalde asegurou aos alumnos que serán “bos embaixadores da cidade” e que, ao mesmo tempo, esta “experiencia inesquecible” lles servirá para “reforzar” a súa formación e a aprendizaxe de novos idiomas. Negreira agradeceulles o seu “esforzo e sacrificio” e desexoulles unha feliz estanza en Estados Unidos e Europa.

15 de xullo de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.