Negreira recibe o mércores á Federación de Peñas do Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibirá o próximo mércores, 24 de xullo, á Federación de Peñas do Real Club Deportivo, respondendo así á solicitude realizada polos afeccionados e cumprindo co compromiso e ofrecemento de que as portas de María Pita están abertas aos coruñeses: “María Pita é a casa de todos e reunirémonos con quen o solicite”, asegurou o rexedor.

Negreira expresou o seu desexo de que a situación do Deportivo se resolva o antes posible: “Como calquera coruñés preocupado o que pido aos implicados Consello de Administración, acredores e administradores xudiciais-, é que se senten sen límite de tempo, negocien, cheguen a un acordo e despexen as incertezas”, sinalou e engadiu: “O papel do Concello nesta situación é moi limitado, pero animo as partes implicadas a que poñan todas as cartas sobre a mesa. O obxectivo ten que ser que o Deportivo saia ben parado. Se o Deportivo sae ben parado será bo para toda a cidade”, concluíu o alcalde.

22 de xullo de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.