Neda rendirá homenaxe aos falecidos no sinistro ferroviario en Santiago cun oficio relixioso o 30 de xullo
A igrexa parroquial de Santa María de Neda acollerá este martes, 30 de xullo, unha misa polos falecidos no accidente ferroviario rexistrado o pasado mércores en Santiago de Compostela. O oficio relixioso en homenaxe ás víctimas terá lugar a partires das 20 horas.











