Neda remata o acondicionamento de varios camiños en Anca, Santa María e Viladonelle
O concelleiro de Medio Rural, Roberto Rey, anunciou esta mañá o remate das obras de acondicionamento de cinco camiños repartidos polo termo municipal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial de A Coruña. As intervencións desenvolvéronse nas parroquias e lugares de Viladonelle, Cruz do Pouso, O Puntal, Anca e Casadelos. ¿Orzamento? 60.000 euros.
Segundo explicou o edil de Medio Rural, o Concello realizou un estudo a pé de campo sobre o estado das diferentes pistas e camiños do municipio e, o mesmo, deu como resultado a selección efectuada ao tratarse dos viais municipais en peor estado e tendo presente a presenza de núcleos poboacionais cercanos.
En concreto, as intervencións desenvolvéronse en Viladonelle (nun camiño de 599,70 metros de lonxitude e 3,70 metros de ancho medio); Camiño en Cruz do Pouso (camiño de 566 metros de lonxitude e 3,60 metros de ancho medio); Camiño no Puntal (de 200 m e 3,50 m de ancho medio), e Camiño en Anca (de 375 m e 3 de ancho). Nestas vías, procedeuse á súa pavimentación con rego asfáltico e limpeza de cunetas. E, no Camiño en Casadelos, deuse resposta aos problemas de inundacións mediante a colocación dun paso salvacunetas que recollerá e canalizará as augas.











