Neda decreta sete días de loito convocando aos veciños a unha concentración en lembranza das vítimas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda quere manifestar o seu máis profundo pesar polo dramático accidente ferroviario acontecido nas inmediacións de Santiago de Compostela. Quere transmitir a solidariedade da Real Vila aos familiares das vítimas e trasladar todo o apoio aos feridos e ás súas familias.

Do mesmo xeito, dende Neda quérese agradecer a dedicación e o esforzo tanto dos profesionais sanitarios e de emerxencias como dos voluntarios que socorreron ás vítimas, aos que doaron sangue e aos que acudiron á zona do sinistro para ofrecer a súa axuda. Infórmase tamén que o Concello de Neda decretou sete días de loito oficial, suspensión dos actos programados e as bandeiras ondean a media asta como homenaxe aos falecidos no accidente.

Por último, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, quere facer un chamamento á cidadanía para que acuda mañá venres, ás 12 horas, á praza da Casa do Concello e secunde a concentración silenciosa de cinco minutos en lembranza das vítimas e mostra de duelo.

25 de xullo de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.