Neda comezará os cursos de natación na piscina municipal o vindeiro martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou esta mañá o inicio dos cursos de natación na piscina municipal. Será o vindeiro martes, 16 de xullo, en horario de mañá. De 11,30 a 12,30 iniciación e, de 12,30 a 13,30 horas, de perfeccionamento. Para asistir aos mesmos, a idade mínima é de cinco anos. Así mesmo, o concelleiro de Xuventude e Deportes, Roberto Rey, explicou que o plazo de matrícula permanece aberto, polo que animou á veciñanza a anotarse. Tan só deben formalizar a súa inscripción nas propias instalacións municipais. Para os menores de 14 anos, o custe é de 12 euros e, para os maiores, de 21 euros (como requisito é imprescindible estar aboado).

Así mesmo, a piscina tamén está aberta todos os días para o uso e disfrute da veciñanza en xeral. Os horarios das instalacións son de mañá e tarde. No primeiro caso, de luns a venres de 11,30 a 13,30 horas. No segundo, de 16 a 20 horas, de luns a domingo. O custe da entrada está establecido en 1,50 e 3 euros para menores e maiores de 14 anos respectivamente.

Por último, o edil Roberto Rey informou de que veciños e veciñas poden expedir os seus correspondentes bonos para a tempada, co que se abaratan os custes. Así, o prezo dos individuais é de 15 e 21 euros para menores e maiores de 14 anos, namentras que o familiar é de 36 euros. A piscina conta cun conserxe. De 25 metros por 15, ten unha profundidade que oscila entre os 1,20 e os 1,30 metros, facéndoa idónea para o uso dos máis pequenos.

11 de xullo de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.