Neda cambiará o alumeado público na Avenida de Alxeciras e Médico Cebreiro por equipos de eficiencia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda procederá a renovación do alumeado público en diferentes tramos de dúas das principais arterias de comunicación da localidade: a Avenida de Alxeciras e a rúa Médico Cebreiro (zona limítrofe co municipio de Fene). A actuación proxectada permitirá sustituír as actuais luminarias por equipos de eficiencia enerxética –haloxenúreos metálicos-. En concreto, actuaráse en 82 puntos. O orzamento da intervención supera os 35.000 euros e, neste caso, o Concello contará coa colaboración económica da Xunta de Galicia para afrontar o seu financiamento. Así, o Instituto Enerxético de Galicia aprobou esta semana a concesión dunha subvención de 30.000 euros para este capítulo.
A actuación sairá agora a contratación e, con ela, estímase que a factura eléctrica en ambos treitos se rebaixe nun 20%. A solución proposta estivo en fase de probas no Concello, acadándose moi bos resultados.

18 de xullo de 2013 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.