Neda aboa as facturas aprobadas antes de xuño e non recorrerá ao mecanismo de pagamento a provedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

O Concello de Neda non terá que recorrer ao mecanismo de pagamento a provedores previsto polo Goberno de España xa que, a día de hoxe, non ten pendente ningunha factura aprobada con anterioridade ao mes de xuño. Deste modo, a Administración local evitarase elaborar o conseguinte plan de axuste. Esta situación é posible dada a liquidez en Tesouraría e os anticipos aprobados pola Deputación da Coruña de tres mensualidades das entregas a conta dos tributos cedidos á institución provincial.

O mecanismo de pagamento a provedores aprobado polo Goberno central no Real Decreto Lei 8/2013 establece a obriga de entidades locais e comunidades autónomas de aboar as facturas aprobadas con anterioridade ao 31 de maio de 2013. No caso contrario, e se o provedor o aceptaba, tería que entrar no citado mecanismo e, para o seu pagamento, o Concello estaría obrigado a acudir a un préstamo para pagar as débedas pendentes. Como contrapartida, o Concello tería que recorrer a un plan de axuste moi severo que no caso de Neda non será necesario.

16 de xullo de 2013 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.