Na rotonda da ronda urbana de Monforte instalarase a escultura dun peregrino

Escultura que se instalará na rotonda
O Concello de Monforte instalará unha escultura na rotonda situada nas proximidades da coñecida como rotonda do horreo.
Trátase dunha obra en pedra, doada ó Concello por un particular, que representa a un peregrino camiñando cara a Compostela.
A rotonda na que se colocará a escultura atópase nun tramo do Camiño de Inverno a Santiago.
A obra alcanza os dous metros de altura e colocarase sobre un pedestal de pedra, traballo que se levará a cabo a vindeira semana.











