Mostra de pintura de Suso Talento na Casa da Cultura de Monforte
Jesús Fernández López –Suso Talento-, expón a súa obra pictórica na Casa da Cultura de Monforte entre os días 2 e 15 de xullo.
A Mostra inclúe unha serie de obras do artista nado no Saviñao e residente entre as localidades de Cambre, A Coruña, e Monforte.
Pintor inicialmente autodidacta e fascinado polo mar, elemento protagonista que recrea parte da súa obra.
Formouse en debuxo e pintura no estudo da pintora Mari Carme Calviño, e nas Escolas Culturais de Debuxo e Pintura no Burgo (Culleredo), coa pintora Natalia Martínez.
Ten participado en diversas edicións do Maratón de Debuxo e Pintura “Pintor Argüelles”, obtendo o primeiro premio na modalidade de adultos. Suso Talento realizou numerosas exposicións ó longo da súa traxectoria pictórica.
A presentación das súas obras será entre o 2 e o 15 de xullo na sala de exposicións da Casa da Cultura de Monforte, podendo visitarse os días laborables en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.











