Monforte de Lemos comeza este sábado a venda de entradas para os partidos do Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O sábado día 13 de xullo comezará a venda anticipada de entradas para presenciar os tres partidos que o Deportivo da Coruña xogará en Monforte durante a súa concentración de pretempada, entre o luns 15 e o xoves 25 de xullo.

O equipo herculino disputará tres partidos amigables, dous contra equipos de rexional preferente e terceira división, o Lemos e o Barbadás, respectivamente, e un terceiro contra o Ourense, de segunda división B.

As entradas para asistir a estes encontros poderán adquirirse a partir de mañá nestes tres puntos de venda: Código Sport, Tapería do Centro do Viño e Oficina Municipal de Deportes (no seu horario habitual de apertura).

O prezo das entradas  e o horario dos partidos será o seguinte:

Lemos – Deportivo: adultos 10 € / infantil 5 € (mércores día 17 ás 20:00 horas)

Barbadás – Deportivo: adultos 10 € / infantil 5 € (luns día 22 ás 20:00 horas)

Ourense – Deportivo: adultos 15 € / infantil 5 € (xoves día 25 ás 19:00 horas)

Tamén se porá á venda un bono para asistir ós tres encontros, cun prezo de 25 € para adultos e 10 € para infantil (ata 16 anos).

Tanto as entradas como os bonos poderán mercarse, ó mesmo prezo, os días dos partidos na taquilla do estadio da Pinguela

12 de xullo de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.