Modificacións no tráfico por obras no Concello da Coruña
O Concello, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa de que mañá, martes 2 de xullo, con motivo da continuación das obras de canalización da rede de alta tensión, o carril esquerdo da avenida García Sabell estará ocupado en sentido Alfonso Molina, á altura das Pontes Xemelgas. Esta afección de tráfico durará 15 días.











