Modificacións no tráfico por obras de reparación do tranvía entre a Torre de Hércules e As Esclavas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Mobilidade informa de que, con motivo das obras de reparación do tranvía no tramo comprendido entre a Torre de Hércules e as Esclavas, dende mañá martes, 30 de xullo, e durante un mes se realizarán cortes puntuais de tráfico. Nesa zona executaranse traballos topográficos, catas, descarga de materiais, vertedura de formigón… Para estes traballos será necesario realizar cortes puntuais cunha lonxitude aproximada de 20 metros nun dos carrís de circulación do devandito tramo do Paseo Marítimo, segundo as necesidades da obra, manténdose sempre un carril libre no mesmo sentido.

29 de xullo de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.