Modificacións no tráfico polas obras de pavimentación na avenida de Finisterre
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, como consecuencia da continuidade das obras de pavimentación na avenida de Finisterre, dende as 10.00 horas de mañá xoves, 18 de xullo, e ata, aproximadamente, o mércores 24 de xullo, se producirán as seguintes incidencias no tráfico na citada avenida:
-O xoves 18 de xullo, quedará habilitado o tráfico a Avenida de Finisterre os dous sentidos da circulación no tramo comprendido entre Paseo das Pontes e ata a Rolda de Outeiro.
-Dende as 10.00 horas do xoves 18 de xullo e ata, aproximadamente, o 24 de xullo, levaranse a cabo as obras de pavimentación na avenida de Finisterre tramo comprendido entre Paseo das Pontes e Médico Rodríguez. En todo momento quedará aberto ao tráfico un único sentido da circulación, sentido entrada á cidade. As liñas de autobús 6, 6 A e 22 verán afectados o seu percorrido e paradas nese tramo, constituíndo alternativas ao seu recorrido Médico Rodríguez/ Fernando Macías/Calvo Sotelo/Paseo dos Pontes/ avenida de Finisterre (cruzamento Palomar -Paseo das Pontes) onde recupera o seu itinerario habitual. Dúas paradas sentido saída cidade veranse afectadas: avida Finisterre 84 e avida de Finisterre 38, constituíndo alternativa a estas paradas a de Praza Mestre Mateo e unha provisional que se colocará durante todo o tempo da afección en Paseo das Pontes.











