Modificación no tráfico polo fresado e reposición de pavimentos na fonte de Las Pajaritas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ▼
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo das obras de fresado e reposición de pavimentos no ámbito da fonte de Las Pajaritas, será necesario modificar a circulación dende mañá, xoves 18 de xullo, ata o sábado, día 20 de xullo. En todo momento se deixará un carril de circulación de tres metros de ancho.

Mañá, xoves 18 de xullo:
– Asfaltarase a rúa Antonio Machado.
– Fresarase e asfaltará a rúa Alvaro Cunqueiro entre a rúa José Miñones e Alfonso Molina.

Venres, 19 de xullo:
– Fresarase e asfaltará a rúa José Miñones e un tramo da rúa Pablo Picasso (dende José Miñones ata o cruzamento con Xeneral Rubín) en sentido entrada cidade.

Sábado, 20 de xullo:
– Fresarase e asfaltará a rúa José Miñones e un tramo da rúa Pablo Picasso (dende José Miñones ata o cruzamento con Xeneral Rubín) en sentido saída cidade.

17 de xullo de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.