Modificación da circulación na rúa Primo de Rivera por obras no pavimento
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo das obras de fresado e reposición do pavimento na avenida Primo de Rivera, é necesario a eliminación das zonas de estacionamento da vía e a ocupación do carril de circulación no que se executen os traballos, que abranguerán dende o cruzamento coa rúa Ramón y Cajal ata a rúa Rafael del Río.
Está previsto que mañá, martes 9 de xullo, e o mércores, día 10, as obras se executen en sentido saída da cidade. Para o xoves e o venres, realizaranse en dirección entrada. En todo momento se manterá como mínimo un carril de circulación para o paso de vehículos en cada sentido.











