publicidade hoxe

Miño acollerá un concerto de Uxia presentando “Rosalia pequeniña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMiño
A-
A+

O venres, 19 de xullo, ás 19.30 horas, no centro social da Rúa, comezará o concerto «Rosalía pequeniña», organizado pola Rede de Normalización Ligüistica e a Consellería de Cultura e Educación.

A cantante Uxía Senlle, acompañada do músico Sérgio Tannus, interpretará textos musicados con melodías «pegadizas, variadas e actuais», co obxectivo de que «vos cativos canten en familia, durante e despois do concerto, textos en galego interpretados a ritmo de muiñeira, rock, balada ou de blues,» segundo se resaltou na presentación da programación. A maioría dos textos deste proxecto son de Rosalía, aínda que tamén se inclúen de Curros Enríquez e Luis Emilio Batallán. A editorial Galaxia editou un libro e un cedé coas composicións e a interpretación de Uxía Senlle.

‘Rosalía Pequeniña’ é nova actividade do programa ‘FalaRedes’, coa que a compositora e cantante Uxía e o músico braslieiro Sérgio Tannus lles achegarán a obra de Rosalía de Castro aos nenos e nenas galegos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos, coa que se iniciou o Rexurdimento da lingua galega no século XIX.

Trátase dunha serie de concertos que chegarán a 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) achegándolles os versos máis coñecidos da inmorrente poetisa aos nenos e nenas de 6 a 11 anos a ritmo de muiñeira, de blues ou de rock.

Nesta iniciativa, os máis pequenos coas súas familias poderán acudir a un espectáculo divertido de alta calidade artística onde aprenderán 11 cancións en galego para cantaren xuntos na casa, no coche, no parque…

16 de xullo de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.